InicioSUCESOSDesaparecido dende o xoves un veciño de Mazaricos de 72 anos de...

Desaparecido dende o xoves un veciño de Mazaricos de 72 anos de idade

Publicada o

Por europapress

SOS Desaparecidos pediu a colaboración cidadá para a localización dun home de 72 anos, que falta do seu domicilio en Mazaricos desde o pasado día 15, segundo informa.

Trátase de Antonio Tuñas Vieites, que desapareceu en Alborés, Mazaricos, ese día. Trátase dun home de 1,65 de estatura, con pelo canoso e calvicie parcial.

Coxea e na man dereita ten unha amputación do dedo gordo e do medio índice. O seu coche, un Nissan Almera verde escuro, xa foi localizado.

Por parte da familia, o seu fillo, Juan Carlos Tuñas, explicou a Europa Press que o seu pai, que estaba só en casa o día da súa desaparición, adoitaba coller o coche, pero que en concreto ese día non e que non saben quen o puido coller ou se o seu proxenitor ía nel.

ÚLTIMAS

Grandes retencións nos accesos á Coruña por unha protesta dos mariscadores da ría do Burgo

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova mobilización e cortaron...

‘Os do Fondo da Barra’ pecharán o día 30 o ciclo ‘Folk no Colón’

'Os do Fondo da Barra' pecharán na Coruña o ciclo 'Folk no Colón', presentando...

Peche dos parques e xardíns polo vento

O Concello da Coruña ordenou o peche dos parques e xardíns da cidade durante a tarde deste...

Recrease un ataque terrorista a un barco na Coruña

A Armada realizou, este venres no porto da Coruña, o exercicio de seguridade marítima Marsec,...